Dan aparencia de Mac Pro a un sinxelo equipo hackintosh

mércores, 15 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Os novos Mac Pro de Apple son equipos de alta gama que destacan polas súas prestacións e polo seu deseño, pero nun foro especializado en hackintosh (configurar equipos baseados en hardware ordinario de PC para que operen con OS X coma se fosen ordenadores de Apple) un usuario sorprendeu coa personalización do seu ordenador, que grazas á súa integración nunha papeleira adoptou a aparencia da edición vermella do Mac Pro que está a chegar actualmente ás tendas.
Non parece preciso advertir de que o ordenador montado dista moito do rendemento dun Mac Pro, pois limítase a ser unha placa base con Wi-Fi na que montouse un procesador Intel Core i3, unha gráfica Radeon 7750 e un par de unidades de almacenamento (un SSD e un disco duro). Os compoñentes precisos para dar ao equipo a aparencia dun Mac Pro tiveron un custo inferior aos 60 euros, pero temos que entender que estamos principalmente ante unha obra de bricolaxe que busca arroxar un sorriso por parte de quen ve un ordenador modesto disfrazado dun alta gama.

O equipo leva no seu interior os compoñentes propios dun PC bastante modesto

PUBLICIDADE