Dan a coñecer os finalistas dos Premios EGANET

venres, 16 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro mércores ás 12:00 horas terá lugar no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia (Santiago de Compostela) o acto de entrega da nova edición dos Premios EGANET, e para ir quecendo motores dan a coñecer os finalistas das 5 categorías a concurso neste certame que este ano celebra a súa oitava edición.
A gala de entrega dos premios da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías aproveitarase para celebrar a traxectora de 9 empresas asociadas que cumpren 10 anos. Este evento estará presentado pola xornalista Susana Alvite (Hexis Comunicación) e Marcus Fernández (Código Cero), e os Premios contan co financiamento do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación, Tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Este ano recibirá un premio especial a Fundación Foltra pola súa aposta tecnolóxica no desenvolvemento do seu labor socio-sanitario, mentres que das categorías a concurso os finalistas son os que seguen:

Proxecto Emprendedor TIC:
- Enkends
- Moonbite Games
- Trileuco Solutions
- WebMenús
Proxecto Empresarial TIC:
- Factoría de Software e Multimedia
- Elogia
- La Náutica Servicios Náuticos
- Visual Publinet
Aplicación Software:
- BayDICOM Media, de Bahía Software
- LibrePlan, de Igalia
- Un mundo accesible, de InfoJC
- SONarchitect ISO, de Sound of Numbers
Comunicación Dixital:
- Mátalos de Risa con Kill Paff, de Elogia
- Misterdarwin.eu e eMuseo, de Galinus Taller de Novos Medios
- Memoria anual 2010 Cruz Roja Española en Galicia, de Neo Comunicación
- Redescubre a Cidade Vella, de Turismo de Ourense
Negocio Online:
- Plataforma Wecoop, de Continental Producciones
- Buydeal.es, de Elo Technologies
- Meubook, a factoría dos teus libros, de Meubook
- Menús.es, de Web Menús

PUBLICIDADE