D-Link incorpora Facebook Wi-Fi non dos seus routers
venres, 30 de maio do 2014
Para que os pequenos e medianos negocios poidan ofrecer conexión
á Internet sen fÃos aos seus clientes D-Link preparou un router moi atractivo,
por integrar o Wi-Fi
de Facebook, de xeito que os usuarios poden conseguir
acceso de balde á Internet con só facer cheking
no negocio a través da súa páxina de Facebook, o que contribúe a mellorar a
imaxe de marca da compañÃa e a fidelidade dos seus clientes.
Esta solución evitarÃa que os clientes tivesen que introducir longas cadeas de
letras e números para poder identificarse nunha rede Wi-Fi pública, á vez que
potencia as páxinas de Facebook dos negocios. EstÃmase que este tipo de servizo
triplica o número de check-ins que se
reciben, polo que a instalación dun destes routers pode ser bastante rendible.
O D-Link 11AC Router con Facebook Wi-Fi ofrece a mencionada conexión sen
códigos nin contas especiais, conduce aos clientes a interactuar coas páxinas
de Facebook dos negocios, permite que as empresas poidan conseguir datos
demográficos dos clientes que fan check
in e todo iso sen prescindir dunha alto rendemento (podendo mover ata 1.750
Mbps a través de Wi-Fi AC e Wi-Fi N simultaneamente) e seguridade (inclúe
protección WPA2 e devasa).
- O router achéganos acceso a Internet por Wi-Fi con só facer check-in na páxina web de Facebook do negocio que visitemos
O router en cuestión é concretamente o D-Link Wireless AC1750, que tamén responde ao número de modelo DIR-865L, que está á venda nos EE.UU. por 149,99 dólares, e que en España pode conseguirse por prezos que parten dos 1149,90 euros (123,82 euros se sumamos os portes), oo que é un prezo bastante razoable para un router Wi-Fi AC, con 4 portos Gigabit Ethernet e que tamén inclúe funcionalidades como permitir a súa configuración a través de aplicacións móbiles, poder establecer unha rede Wi-Fi para convidados ou contar con sistemas de control paterno.