Curso sobre aspectos legais do software libre na UDC

luns, 23 de novembro do 2009 Marcus Fernández

A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña en colaboración con CENATIC organiza un curso sobre aspectos legais do software libre que pretenden presentar e comentar cun enfoque xeneralista os principais aspectos xurídicos do software de fontes abertas, sen entrar en detalles sobre a protección xurídica, senón que preséntase de xeito práctico e accesible a calquera persoa interesada na materia.
Ao final do curso entregarase aos asistentes unha Guía del derecho y el software de fuentes abiertas elaborado por CENATIC e certificado de asistencia, podendo calquera membro da UDC inscribirse ata que cubran as 30 prazas dispoñibles.
As xornadas formativas terán lugar entre as 12:00 e as 13:30 horas dos días 2 e 3 de decembro.

PUBLICIDADE