Curso na USC sobre as telecomunicacións como ferramenta de pulo local
mércores, 23 de febreiro do 2011
A Universidade de Santiago acollerá unha
acción formativa sobre desenvolvemento local a través das novas tecnoloxÃas
universais da información. Máis polo miúdo, trátase do curso Mercadotecnia
Territorial e Telecomunicacións, organizado polo Grupo de Investigación
Sociedade, TecnoloxÃas e Territorio (GIS-T), un colectivo que conta xa cunha
ampla experiencia na nosa terra en materia de impulso do rural mediante un uso
eficaz e racional das ferramentas dixitais. Proba disto é a iniciativa
Granxafamiliar para o desenvolvemento das nosas explotacións agrogandeiras
(orientada a facilitar a venda, promoción e distribución a través das redes),
ou a páxina Infobrion, que foi quen de
contribuÃr á dinamización da vida veciñal do Concello de Brión.
Volvendo ao curso en cuestión, dicir que ten
como obxectivo capacitar ao alumnado na análise e discusión de casos de
planificación e mercadotecnia no espazo internacional; aplicar metodoloxÃas
comerciais en municipios concretos, á vez que proporcionar o estudo do impacto
das telecomunicacións no desenvolvemento económico rexional.
A actividade, que segundo informa a
USC levarase a cabo entre o 20 de marzo e o 20 de xullo, impartirase a
través do sistema de formación en liña avanzado e aulas presenciais, o que
suporá a obtención de 10 créditos, a metade dos cales deben lograrse para
superar o curso.