Curso de introdución ás redes de comunicacións no CNTG

luns, 10 de maio do 2010 Redacción

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acollerá o vindeiro 1 de xuño entre as 17:00 e as 19:00 horas unha xornada sobre fundamentos tecnolóxicos das redes de comunicacións impartida por Javier Novoa, profesional especializado no mundo das redes e as comunicacións e colaborador habitual do CNTG. Esta actividade formativa será de balde, con limitación de aforo, rematando o prazo de inscrición a través da páxina web do CNTG o 31 de maio.
A xornada-coloquio vai dirixida especialmente a persoal técnico das áreas da informática, electrónica e telecomunicacións que non sexa especialista no deseño e administración de redes de datos, programadores… que teñan interese en coñecer as tecnoloxías LAN máis implantadas na actualidade, como pode ser a profundización en conceptos como IP, Ethernet, NAT, DHCP, VLAN, MAC, ARP, VPN, conmutación ou enrutamento.

PUBLICIDADE