Cupagroup materializa na súa nova web o seu empuxe internacional

xoves, 16 de abril do 2015 Redacción

A empresa galega Cupagroup, especializada en deseño e distribución de lousa e pedra natural, vén de presentar nova web, no dominio cupagroup.com, un espazo-marca en tres linguas (inglés, castelán e francés) no que se materializa boa parte da nova andaina na que está mergullada a compañía: unha andaina de espallamento alén das nosas fronteiras, con nova imaxe, contidos e deseño. A web inclúe novas seccións, entre as que salienta un novo blog corporativo dende o que se informa polo miúdo das actividades da empresa e das novidades que abrollan dela. Tamén se incorporou un mapa do mundo interactivo que contribúe a achegarnos unha imaxe total da presenza empresarial de Cupagroup a nivel internacional.
A empresa, con sede Sobradelo de Valdeorras (Ourense), exporta material de lousas e pedra natural a máis de 70 países e conta con delegacións en Europa, América e Asia. A nova web está adaptada para o seu uso en computadores e en dispositivos móbiles. Salienta, no visual, pola presenza de elementos gráficos e imaxes-concepto que axudan na navegación, unha navegación de por si sinxela e intuitiva. O portal constitúe tamén a canle de entrada para as distintas páxinas do grupo, ou sexa as súas diferentes divisións e filiais.

PUBLICIDADE