Culturgal renóvase para afrontar unha caÃda do 55% no seu orzamento
luns, 9 de setembro do 2013
A
Feira
Culturgal xa comeza a facer ruÃdo entre os medios e entre os
seareiros das moitas manifestacións creativas do noso, tal
e como sinalamos os dÃas pasados coa apertura do prazo para recibir
propostas. Con todo, non será un traballo doado acadar a máxima
repercusión para os innovadores obxectivos que acompañan a edición
deste ano, e máis tendo en conta o decrecente apoio institucional
que recibe a feira, un
escaparate da nosa industria cultural con moitas xanelas e conexións
coas TIC. En
total, serán 120.000 euros de orzamento, un 55% menos ca
no ano pasado, tal e como sinalou Xosé Manuel Aldea, director de
Culturgal.
Con
todo, os responsábeis da feira, que proseguirá a súa andaina
ligada a Pontevedra, atreveranse cunha serie de novidades a ter en
conta, como por exemplo o fincapé dado á innovación creativa ou a
presentación dun novo xeito de artellar os espazos que darán
acubillo ás diferentes accións do programa. Amais, achégase este
ano a posibilidade de permitir aos visitantes involucrárense na
supervivencia da actividade (incluÃndo a opción de pago de entrada
voluntario). Como dixemos, o prazo para contratar postos e propor
actividades para o evento, a celebrar do 29 de novembro ao 1 e
decembro, está arestora aberto. Aldea fai saber que nesta edición
houbo que tomar algunhas decisións e facer responsábeis do futuro
do evento a tódalas partes implicadas, tanto provedores, como
participantes como visitantes, que asumen que hai que facer a feira
con menos cartos. De feito, di, os lÃmites marcados pola baixada do
orzamento son moi estreitos, e só permitiran asumir a feira cun
esforzo conxunto, dixo.