Cultura e Educación publica na Internet varios recursos para vivir o Nadal en galego

martes, 18 de decembro do 2012 Redacción

A actividade da RDL chegou hoxe ao concello coruñés de Aranga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos seus esforzos para promover o uso da lingua galega, está a organizar unha actividade na Rede de Dinamización Lingüística chamada Nadal en Rede que ten unha face dixital, pois as actividades que están a desenvolverse pola nosa comunidade únese a posibilidade de descargar os seus contidos a través da web. Deste xeito podemos descargar en formato PDF O Libro dos Reis Magos, volume que recolle discursos redactados por 25 escritores da literatura galega actual editado por Galaxia; podemos facernos cun modelo de carta para as Súas Maxestades de Oriente en galego (tamén en formato PDF para que podamos imprimilo na casa); e incluso podemos gozar dun servizo en liña que permite enviar por correo electrónico fermosas postais en galego para felicitar o Nadal e o aninovo aos nosos amigos.

PUBLICIDADE