Cuatro permitirá ver os últimos episodios de Perdidos na súa web
mércores 3 de febreiro do 2010, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir
Durante a noite
do martes estreouse nos EE.UU. a nova e derradeira tempada de Perdidos,
serie de televisión que este ano vai supor toda unha revolución audiovisual, de
xeito que ao dÃa seguinte da súa emisión norteamericana poderá seguirse en
versión orixinal subtitulada a través de Digital+ e xusto
unha semana despois, en aberto en Cuatro (e cuns ridÃculos 45
minutos de vantaxe na Fox), apurándose as datas de emisión dun xeito sen
precedentes, e que poderÃa sentar cátedra, para evitar as descargas das series
da Internet e poder facer unha explotación internacional simultánea das mesmas.
Pero a xente de Cuatro vai moito máis aló, e está a organizar o que chaman Experiencia Perdidos, con programas
especiais dedicados ao fenómeno da serie e incluso ofrecendo os capÃtulos de
estrea de balde mediante streaming na
web de Cuatro xusto despois da súa emisión televisiva, práctica sen
precedentes na canle de Prisa.
Deste xeito, os seguidores da serie que perdan un episodio por televisión
poderán pórse ao dÃa a través do servizo Play Cuatro, non tendo que percorrer
ás descargas web para satisfacer tal demanda, o que parece unha intelixente
estratexia, que permite manter o control da audiencia, á que se achegan os seus
contidos favoritos por plataformas legais e explotadas comercialmente, para que
non teñan que facer uso de alternativas menos ortodoxas.
Cuatro tamén fará uso de redes sociais para tirar proveito do éxito de Perdidos, baseado en boa medida na
Internet, e dentro da Experiencia
Perdidos realizarán unha serie de accións multimedia para que os seareiros
da serie poidan dar renda solta á súa imaxinación e contribuÃr a este fenómeno
sen precedentes no panorama televisivo.









