Cuatro estrea web para móbiles
xoves, 12 de xuño do 2008
- Asà se ve Cuatro.mobi nun Nokia N95
A canle
televisiva Cuatro
estreou portal móbil co gallo da Eurocopa, que se pode consultar
baixo o dominio cuatro.mobi, nunha iniciativa que nace dun acordo de
comercialización publicitaria entre Nokia e Sogecable Media.
Cuatro.mobi reforza e amplÃa a oferta de contidos en telefonÃa móbil da canle
de televisión (que xa se pode ver a través da plataforma Digital+ Móvil,
dispoñible en Vodafone e Orange). A nova web permite consultar no móbil a
programación da cadea, ver avances e os mellores momentos en vÃdeo dos
programas máis representativos, os últimos vÃdeos de novas e deporte e mesmo xogos
e creacións gráficas para personalizar o terminal.
Non falta información da Eurocopa, aÃnda que sorprende que Cuatro aposte por
este tipo de medio nun momento no que están a emerxer dispositivos móbiles de
elevadas prestacións que non precisan dunha versión reducida da web.