Cuatro abre a súa propia tenda na Rede
venres, 1 de xuño do 2007
A canle de televisión Cuatro inaugurou onte
a súa tenda virtual na Internet de xeito que é a primeira televisión
española que abre unha tenda electrónica de produtos relacionados coas súas
series e programas.
De Cuatro oferta produtos oficiais dos
mellores contidos da canle de Sogecable, como poden ser os paquetes coas
tempadas completas de House ou de Génesis, os libros de Desnudas ou de AnatomÃa de Grey, os CD coas bandas sonoras de High School Musical e mesmo os bonecos articulados de Pressing Catch.
Os prezos dos produtos son competitivos e inclúen ofertas en varias ocasións,
podendo recibirse no domicilio en menos de 48 horas.