Crean un blog colaborativo para homenaxear a Pedro de Miguel

mércores, 12 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Hoxe celébrase o segundo cabodano do pasamento do escritor e crítico literario Pedro de Miguel, e para celebralo Leandro Pérez de Miguel e Juan Andrés Muñoz crearon un blog de blogs para renderlle homenaxe. O novo espazo chámase Letras Enredadas, e está amenizado por Puppy, unha mascota deseñada por Javier Muñoz.
Letras Enredadas recolle entradas que saiban sacar o lado humorístico, divertido e paradoxal das cousas máis correntes da vida como facía Pedro de Miguel no blog orixinal de Letras Enredades. Este novo proxecto colaborativo estará aberto a colaboracións, e pretenden para o ano que vén por esta mesma data poidan facer entrega do primeiro Premio Letras Enredadas para distinguir aos que destacan polo seu enxeño, humor e creatividade no uso da lingua española.

Puppy é a mascota de Letras Enredadas

PUBLICIDADE