Cortana prognosticou con éxito o gañador do Mundial de Fútbol

luns, 14 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A predición por parte de Google de que Alemaña gañaría o Mundial de Fútbol por unha lixeira marxe confirmouse finalmente, o que serviu para confirmar a fidelidade das predicións de resultados deportivos mediante estatísticas moi completas, pero non todos os sistemas correron a mesma sorte, e dende Microsoft quixeron dar con de que o seu asistente de voz, Cortana, conseguiu tamén prognosticar o equipo vencedor, mentres que Siri errou.
Dende hai semanas Microsoft activou a posibilidade de que Cortana realizase predicións dos resultados futbolísticos baixo Windows Phone 8.1 baseándose en datos de Bing, conseguindo atinar finalmente 15 dos 16 resultados dos encontros deportivos do Mundial, o que supón unha taxa de acertos bastante elevada, como tamén tería conseguido, por exemplo, cos premios Oscar de Hollywood, dos que forno quen de predicir 21 das 24 categorías deste ano mediante Bing Predicts.
Esta tecnoloxía que estar a servir para demostrar a eficacia do manexo de grande volume de datos estatísticos tamén se empregou para adiviñar o gañador do concurso televisivo The Voice e nos vindeiros meses pretende empregarse tamén na NBA.

Durante o Mundial de Fútbol dende EE.UU. puideron acceder ás predicións de Bing sobre os resultados dos encontros

PUBLICIDADE