Corrixen o problema do Chromecast coas redes Wi-Fi

venres, 19 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

O fallo detectado en numerosos routers que presentaban problemas coas conexións Wi-Fi e chegaban incluso a reiniciarse por culpa dun comportamento incorrecto dos dispositivos Google Cast como o Chromecast, que realizaban un número esaxerado de conexións en moi pouco tempo, finalmente está solucionado, e para poder gozar do parche que corrixe o fallo en cuestión chega con actualizar o software do Chromecast.
A actualización do Chromecast está a distribuírse globalmente e dende Google tamén recomendan que os smartphones con Android estean debidamente actualizados e procurar que os routers afectados tamén conten coa última versión do seu firmware, reducindo así as posibilidades de verse afectados polos fallos coma este.

PUBLICIDADE