Coremain e Huawei dan a coñecer novas TIC para o noso posto laboral dende a súa oficina móbil en Santiago

martes, 21 de maio do 2013

A compañía santiaguesa Coremain e o seu socio tecnolóxico Huawei veñen de desprazar a Compostela unha sede conxunta transportábel co obxectivo de dar a coñecer os froitos e posibilidades do seu traballo recente, achegando o resultado da suma de cadansúa experiencia no ámbito TIC. En realidade, trátase dunha Oficina Móbil Intelixente, equipada para dar conta polo miúdo das últimas novidades en aplicacións e dispositivos que, en palabras de Coremain e a chinesa Huawei, “farán posible o posto de traballo do futuro”.
O vehículo-exposición (protagonista dunha xira que visitará outros enclaves do país)estará instalado durante esta mañá no aparcadoiro do Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, ao acubillo dun tráiler de grandes dimensións onde os profesionais do ámbito tecnolóxico-dixital e os usuarios potenciais dos servizos de Coremain e Huawei poderán participar, segundo informan as empresas, “nun evento único e exclusivo no que coñecerán unha físicos conectados, escenarios reais e demos personalizadas”.

PUBLICIDADE