Corcubión estrea un sistema de información xeográfica vía web

xoves, 3 de abril do 2008 Marcus Fernández

O Concello de Corcubión presentou onte unha campaña de promoción turística que leva por título Corcubión, onde o patrimonio se funde co mar, e que destaca por contar cun sistema de información xeográfica (GIS) pioneiro na bisbarra, e que permite aos usuarios localizar nun mapa as zonas de maior interese no Concello, e os servizos de que dispón.
Esta nova ferramenta, accesible dende a web do Concello, foi desenvolvida pola empresa compostelá Sixtema, e o director técnico da empresa encargada deste traballo declarou á La Opinión que «é un dos rueiros en formato dixital máis completos que existe nesta zona».
Corcubión convértese así no primeiro concello da Costa da Morte en contar cunha solución GIS accesible a través da Internet.

PUBLICIDADE