Convocan os primeiros Premios #DígochoEu

martes, 23 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Para celebrar os 150.000 seareiros na conta do #DígochoEu en TikTok a CRTVG organiza os Premios #DígochoEu, un concurso de vídeos aberto a todos os centros escolares de Galicia, de educación Primaria e Secundaria, ou calquera de fóra de Galicia que imparta lingua galega, e que constará de 2 fases: na primeira os profesores remitirán un guión para a gravación dun capítulo do #DígochoEu e na segunda, entre os 10 mellores guións, elixiranse 10 para ser realizados entre os alumnos e o equipo do #DígochoEu, que acudirá aos centros escolares para compartir unha xornada de gravación.
A inscrición aos premios está aberta até o 12 de decembro, e os proxectos seleccionados emitiranse a través das canles e plataformas dixitais da CRTVG. No mes de maio de 2022, unha vez emitidos, un xurado externo elixirá os tres mellores, que levarán os primeiros Premios #DígochoEu de 2.000, 1.000 e 500 euros.

Vídeo de presentación dos Premios #DígochoEu

PUBLICIDADE