Continúan as campañas que piden a eliminación do canon dixital

venres, 12 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A plataforma Todoscontraelcanon presentou hoxe ante o Congreso dos Deputados 3 millóns de sinaturas para solicitar a eliminación do canon dixital co gallo da tramitación da Lei de Economía Sustentable, á vez que inician unha campaña coa que convidan aos afectados por este gravame a colocar nos seus establecementos necrolóxicas nas que denuncian que «o canon mata a cultura».
As Asociacións de Usuarios e Internautas que compoñen este colectivo tamén solicitan a eliminación do proxecto de Lei de Economía Sustentable da disposición final primeira na que recollen medidas para a protección dos dereitos de autor e a propiedade intelectual na Internet.
Todoscontraelcanon conta co apoio de 32 asociacións, 29 concellos, 4.920 organizacións e 1.142.891 cidadáns que promoven a solicitude presentada ante os partidos políticos.

Proposta de necrolóxica coa que denuncian que o canon mata a cultura

PUBLICIDADE