Continúa aberto o prazo para participar no I Seminario de usos e aplicacións do certificado dixital e tarxeta criptográfica
venres, 27 de agosto do 2010
O CPETIG, que estes días está a
preparar con tesón a celebración do I Seminario de usos e aplicacións do
certificado dixital e tarxeta criptográfica, que terá lugar o vindeiro día
10 de setembro en Santiago de Compostela, recorda que o prazo de inscrición
para este evento estará aberto ata o 6 de setembro, e que se poderán inscribir
nel tódalas persoas interesadas que desexen obter información de utilidade
sobre os certificados dixitais e o seu uso en liña.
O seminario, que é de balde, será
retransmitido por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e
Vigo e ten como principal obxectivo, familiarizar ás persoas asistentes cos
novos entornos de identificación usando certificados dixitais e tarxetas
criptográficas.
Como apuntamos en días pasados, o evento contará entre outros cos relatorios de
Roberto Martínez, técnico de seguridade do INTECO-CERT e de Natalia Miguel
Álvarez, da empresa C3PO, así como co de Víctor Alberto Salgado Seguín,
avogado-socio do Bufete de Dereito Informático Pintos&Salgado, quen abordará
os aspectos legais da utilización destes certificados.
Os asistentes á xornada, que dará
comezo a partir das 16 horas, recibirán cadansúa tarxeta con sistema de cifrado
e identificación dixital CERES+WG10 FNMT-RCM certificada pola Fábrica Nacional
da Moeda e Timbre.
Para participar neste seminario, as persoas interesadas deberán cumprimentar
unha inscrición
indicando ademáis dos seus datos, o telecentro ao que desexa asistir. O
formulario para inscribirse neste seminario deberá ser remitido por e-mail a seminariocertificados@cpetig.org
co asunto inscrición seminario certificado dixital ou por fax ao 981
937 831.