Contact Comunicación dá forma á páxina web de Daveiga

xoves, 10 de setembro do 2015 Redacción

A empresa ourensá Contact Comunicación vén de desenvolver a presenza web da compañía responsábel (entre outras cousas) das Galletas Mariñeiras, a firma Daveiga. A proposta creada por Contact canaliza a arela innovadora de Daveiga, que por unha man ten boa parte da súa actividade baseada no noso pasado (o seu produto estrela, as ditas galletas, recuperan para o mercado actual un tipo de pan que viña empregando a nosa xente do mar dende tempo inmemoriais, pola súa calidade e polas súas amplas posibilidades de conservación) e pola outra quere tirar partido das máis avanzadas ferramentas dixitais.
Segundo informa Contact, a liña principal do traballo desenvolvido para esta web “foi a de ofrecer unha experiencia de usuario moi sinxela, polo que navegar pola páxina é tan doado como descubrir que o resto da información que procuramos está accesíbel a só un clic de distancia”. No que atinxe ao deseño, a empresa seguiu o mesmo vieiro: quixo reflectir o carácter dos produtos de Daveiga (“as cores cálidas lembran ao pan”, sinalan dende Contact) para facer fincapé no senso ecolóxico e nutricional dos alimentos que achega a dita firma. A web, que se completa cun blog, é cen por cen accesíbel dende calquera dispositivo intelixente.

PUBLICIDADE