Confirman a sentenza condenatoria a un blogueiro por comentarios anti-SGAE alleos

xoves, 5 de maio do 2011 Marcus Fernández

Julio Alonso é o fundador da rede de blogs máis coñecida en España

En 2004, o fundador e director xeral de Weblogs S.L., Julio Alonso, publicou unha entrada na súa bitácora persoal titulada SGAE=Ladrones na que comentábase un Google Bombing contra a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) que facía que como primeiro resultar ao buscar «ladrones» en Google aparecese a SGAE, pero pasada a campaña anti-SGAE, o primeiro resultado que aparecía sobre o tema nos buscadores era o propio artigo de Alonso, o que levou á SGAE a pedir a súa retirada (por constar entre os seus comentarios posibles inxurias) e, tras a imposibilidade de chegar a un acordo entre as partes, chegaron a xuízo, perdendo o blogueiro en primeira instancia (impoñéndoselle unha multa de 9.000 euros) por ser considerado «colaborador necesario» (figura inexistente no ordenamento civil) das mencionadas inxurias, e perdendo agora tamén o recurso da anterior sentenza.
Julio Alonso anuncia agora que vai levar o caso ao Tribunal Supremo, pois considera que a sentenza actual atenta á liberdade de información, de expresión e de crítica na Internet, e podería ser un mal precedente para calquera administrador dun blog, páxina web o foro no que poidan participar os usuarios, pois poderían facelo responsable dos comentarios de terceiros.

PUBLICIDADE