ConfirmSign e NANOGAP gañan o Premio EmprendedorXXI en Galicia

xoves, 5 de maio do 2011 Redacción

Antonio Fontenla, entregou o galardón nas súas dúas categorías

A sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) acolleu o acto de entrega da quinta edición do Premio EmprendedorXXI. O presidente da organización empresarial galega, Antonio Fontenla, entregou o galardón nas súas dúas categorías.
A empresa gañadora nesta edición na categoría emprendesXXI, dirixida a empresas de 0 a 2 anos, foi ConfirmSign, unha plataforma en liña para a transmisión de comunicacións certificadas, utilizando como canle o correo electrónico. Permite ao usuario obter, en tempo real e 100% en liña, os resguardos de envío, lectura e resposta, así como o contido das mesmas. O sistema ConfirmSign non é unha comunicación entre servidores, senón un protocolo deseñado, desenvolvido e propiedade de ConfirmSign, S.L., cuxa base é o depósito de documentación ou mensaxes dun emisor a un destinatario. Como premio, ConfirmSign obtén unha achega económica de 5.000 euros e unha bolsa para un curso de aceleración empresarial na Universidade de Cambridge.
Na categoría crecesXXI, para empresas de 2 a 7 anos, a compañía gañadora foi NANOGAP. As capacidades tecnolóxicas de NANOGAP permítenlle producir unha ampla variedade de novos nanomateriales, incluíndo nanopartículas esféricas, Clusters Cuánticos Atómicos (AQC), produtos de tamaño sub nanométrico exclusivo de NANOGAP a nivel mundial e nanofibras. Estes produtos, cun amplo rango de propiedades e beneficios, atopan aplicación en diversos mercados. As partículas de prata están a aplicarse como: aditivos antimicrobianos para recubrimientos e plásticos; aditivos condutores para o seu uso en circuítos electrónicos flexibles e recubrimientos antiestáticos, adhesivos condutores e películas condutoras transparentes (pantallas táctiles). Pola súa banda as partículas magnéticas empréganse en: aplicacións de biotecnoloxía como drug delivery e tratamentos de hipertermia, así como aplicacións industriais que inclúen os campos da seguridade e trazadores magnéticos recuperables. O premio para NANOGAP inclúe unha ponte de innovación a Silicon Valley, unha bolsa para o Executive Growth Program, curso deseñado ad hoc por ESADE e IESE, e a participación na fase final estatal xunto ao resto de gañadores autonómicos.
Con esta nova edición del Premio EmprendedorXXI, la Caixa e ENISA, dan un paso cara adiante na súa estratexia de recoñecer e destacar socialmente aos emprendedores que precisen dun pulo para asentarse definitivamente no mercado.

PUBLICIDADE