Condenan a Motorola a indemnizar a Microsoft por un conflito de patentes

xoves, 5 de setembro do 2013 Redacción

Un tribunal de Seattle vén de dar a razón por segunda vez a Microsoft nun conflito de patentes con Motorola Mobility (compañía pertencente a Google) de xeito que Motorola deberá aboar 11 millóns de dólares para compensar a Microsoft por obrigarlle a trasladar un almacén en Alemaña para esquivar o bloqueo da importación instado por Motorola, así como outros 3 millóns de dólares para sufragar as costas xudiciais para loitar contra esta situación considerada un abuso.
No xuízo anterior o tribunal considerara que os prezos que esixía Motorola para licenciar certas tecnoloxías de vídeo e comunicación sen fíos que emprega a Xbox 360 non eran razoables, estimando o xuíz que Microsoft debía pagar só 1,8 millóns de dólares por unha licenza pola que Motorola esixía 4.000 millóns de dólares ao ano.

PUBLICIDADE