Condena de cadea ao youtubeiro que humillou a un mendigo
venres, 31 de maio do 2019
O ano pasado
provocou un grande rebumbio que un youtubeirio dedicase
unhas das súas gravacions para humillar a un indixente a través de YouTube facéndolle
entrega dun paquete de galletas Oreo recheas de dentÃfrico, conseguindo un elevado
volume de reproducións e unha acusación que esixÃa tanto compensación polos danos
morais provocados como unha pena de cadea de 3 anos.
Finalmente as autoridades xudiciais consideraron que as accións de Kanghua Ren,
máis coñecido polo alcume de ReSet,
eran merecedoras dunha condena
de prisión de 15 meses (ao carecer de antecende non terá que ingresar nun
centro penitenciario), a indemnizar ao mendigo de orixe rumana con 20.000 euros
por danos morais.
Pero unha das
cousas que máis está a dar que falar é que a sentenza recolle que o acusado non
poderá acudir ao escenario do delito durante
5 anos, ou sexa, que afástao de YouTube e incluso terá que manter pechada a canle
durante o tempo que dure a condena.
ReSet, con máis dun millón de usuarios
hai un ano, segundo a sentenza terÃa humillado ao mendigo «para captar de xeito
efectivo a atención morbosa dos seus seareiros», o que no seu momento levou a
actuar á FiscalÃa de delitos de odio, que contemplou na canle de Kanhua Ren, «un
claro acto e inequÃvoco de contido vexatorios». A sentenza remarca que non
estamos ante «un caso illado» xa que ReSet
amosou outros «comportamentos crueis» no pasado, como repartir a anciáns e nenos emparedados con excrementos
de gato. Tamén salientan que Kanghua Ren non só cometeu os feitos denunciados,
senón que tamén os divulgou masivamente en YouTube, provocando unha
distribución masiva do vÃdeo que posteriormente borrou (reacción que non impide
que o vÃdeo continúe a circular impunenmente).