Condena de 15 anos de cadea por publicar un vídeo terrorista en YouTube

venres, 19 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O estudante de enxeñaría exipcio Youssef Megahed foi arrestado en Tampa (Carolina do Sur) o pasado mes de agosto baixo a acusación de colaborar con terroristas por mor da publicación en YouTube dun vídeo no que explicábase cómo empregar un coche de xoguete por control remoto para detonar unha bomba.
Finalmente o estudante de 27 anos terá que facer fronte a unha condena de 15 anos nunha prisión federal e unha sanción de 250.000 dólares, tras recoñecer que pretendía instruír a terroristas islámicos para que puideran asasinar a empregados dos EE.UU. en países árabes sen ter que sacrificar as súas vidas.
Á condena chegouse a través dun acordo en virtude do que non se presentarían outros cargos contra o acusado (coma o transporte ilegal de explosivos) de xeito que conseguiu certa clemencia.

PUBLICIDADE