Condé Nast faise con Ars Technica

luns, 19 de maio do 2008

O grupo Condé Nast, do que forman parte publicacións coma Vanity Fair, GQ, Vogue, Wired ou The New Yorker, vén de facerse coa publicación dixital Ars Technica, que leva durante 10 anos publicando novas e análises tecnolóxicos.
Ars Technica conservará a súa independencia, de xeito que a operación de adquisición (que podería mover uns 25 millóns de dólares) serviría para reforzar a unha das publicacións de referencia a nivel mundial.

PUBLICIDADE