Concedidos os premios aos proxectos fin de carreira con software libre de Igalia

venres, 3 de decembro do 2010 Raquel Noya

A Aula de Graos da Facultade de Informática da UDC, deu acollida recentemente á entrega do IV premio ao mellor proxecto de fin de carreira con software libre, organizado por Igalia en colaboración con Mancomún e as tres universidades galegas.
O gañador deste concurso, que contaba co patrocinio de CENATIC, foi Diego Darriba López co seu proxecto ProtTest-HPC: unha Aplicación Distribuida de Altas Prestacións para a Selección de Modelos de Evolución de Proteínas.
O xurado do evento tomou a ben conceder un Accésit (con unha dotación de 500€) a Alberto Silva López polo seu proxecto Servizo xerador de escenas 3D a partires de provedores de datos OGC.
Asemade, e debido á calidade do proxecto presentado, tamén se acordou conceder unha mención de honra ao proxecto de Álvaro de Vega Díaz, Diseño, implementación y prueba de una librería para el tratamiento paralelo de un contenedor de datos.

PUBLICIDADE