Comprometen a seguridade do 99,9% dos puntos de acceso Wi-Fi do mundo

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os investigadores Erik Tews e Martin Beck atoparon un xeito de superar a seguridade das chaves TKIP utilizadas polas proteccións WPA nun tempo de entre 12 e 15 minutos, o que faría vulnerables ao 99,9% das redes Wi-Fi do mundo, aínda que haberá que agardar á semana que vén para coñecer máis detalles, xa que Tews participará no congreso PacSec de Tokyo para discutir este tipo de fallo de seguridade.
Aínda que xa era coñecida a posibilidade de superar as chaves WPA mediante ataques de dicionario, a táctica descuberta por Tews e Beck se basea en trucos que logran enganar aos routers protexidos por WPA, de xeito que este sistema de protección debería comezar a migración de moitas redes a unha solución máis segura coma o WPA2, repetíndose así o que no seu día aconteceu coas proteccións WEP (consideradas obsoletas).

PUBLICIDADE