Compostela e Ourense analizarán o uso dos drons nunha xornada

mércores, 16 de setembro do 2015 Redacción

Os vindeiros días 17 e 18 de setembro Compostela e Ourense acollerán unha xornada titulada: Lexislación e oportunidades do uso dos drons, unha cita que servirá para achegarse ao marco xurídico e outros aspectos que rodean a estes vehículos aéreos non tripulados. Que é un dron? Pois como acabamos de dicir, trátase dun vehículo aéreo non tripulado (VANT), UAV (Unmanned Aircraft Vehicle), isto é, unha aeronave que voa sen tripulación, ou dito doutro xeito, un vehículo sen tripulación reutilizábel, capaz de manter un nivel de voo controlado e sostido, sendo propulsado por un motor de explosión ou de reacción.
Volvendo á xornada, cómpre dicir que en Santiago se celebrará o día 17 de setembro con horario de 16.00h a 20.00h no salón de actos do Colexio de Avogados. No caso de Ourense, a xuntanza levarase a cabo o día 18 de setembro no salón de actos da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (no campus ourensán) de 9.45h a 14.00h.
Detrás da organización deste evento atópanse: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), a Universidade de Vigo e os Colexios de Avogados de Ourense e Vigo co apoio da empresa RKDrones e a colaboración da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
Engadir que a inscrición á xornada é de balde. Aquelas persoas interesadas poden consultar as seguintes páxinas para se inscribiren: dronesOurense.eventbrite.es e dronesSantiago.eventbrite.es.

Programa Compostela

  • 16.00: Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e o presidente do CPEIG.
  • 16.15: Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador. Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
  • 17.15: Pausa-café.
  • 17.45: Responsabilidade civil dos operadores de RPA’’s e o seu aseguramento obrigatorio. María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide.
  • 18.45: Drons para todos. Ámbitos de Aplicación. Representante da empresa RKDrone.
  • 19.15: Mesa redonda.
  • 20.00: Peche da xornada.

Programa Ourense

  • 09.45: Presentación da xornada a cargo do decano do Colexio de Avogados de Ourense e o presidente do CPEIG.
  • 10.00: Drons de Seguridade Aérea. Marco Regulador. Laura López Sanz, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
  • 11.00: Pausa-café.
  • 11.30: Responsabilidade civil dos operadores de RPA’’s e o seu aseguramento obrigatorio. María Jesús Guerrero Lebrón, da Universidade Pablo Olavide.
  • 12.30: Drons para todos. Ámbitos de Aplicación. Representante da empresa RKDrone.
  • 13.15: Mesa redonda.
  • 14.00: Peche da xornada.

PUBLICIDADE