Compostela avanzará en servizos para os cidadáns e na implantación de software libre
venres, 9 de xaneiro do 2009
- Rosa Fernández Somoza co responsable do Servizo de Informática, Jesús RodrÃguez Castro
O Concello de
Santiago de Compostela continuará avanzando no acceso electrónico dos cidadáns
aos servizos públicos a través de proxectos que se concretarán a través de 2
plans directores que darán como resultado unha maior accesibilidade e
navegabilidade do web municipal, da intranet do Concello, a
integración das aplicacións informáticas que usa e unha serie de proxectos
especÃficos segundo explicou Rosa Fernández Somoza, concelleira de Reforma
Administrativa.
Estas medidas procuran o seguimento da Lei de Acceso Electrónico, e nunha
primeira etapa farase un inventario e un estudo de viabilidade de adaptación
das aplicacións informáticas de xestión, das bases de datos, dos sistemas
informáticos e de telecomunicacións, do portal web e da intranet, para o que
contan cun orzamento de 12.000 euros. A continuación deseñarase un sistema
informático e un plan de acción que entre outras cousas permitirá crear un
sistema de información municipal integrado e capaz de crear novos servizos cara
os cidadáns.
Aparte deste mencionado plan director, tamén existe outra liña de traballo na
que buscarán a implantación de software libre en todos os ámbitos do sistema
informático, especialmente de cara aos servizos públicos, para o que se
realizarán os pertinentes estudos e desenvolvementos.