Competencia abre expediente a Abertis Telecom

martes, 9 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A Comisión Nacional da Competencia recibiu unha denuncia da empresa Red de Banda Ancha de Andalucía (Axion) contra Abertis Telecom por suposta conduta consistente en realizar ofertas ás sociedades concesionarias do servizo público de TDT de ámbito estatal para a ampliación progresiva da cobertura deste servizo sen incremento de prezo respecto dos servizos xa prestados por Abertis aos radiodifusores para a cobertura do 80% da poboación española, co que excluirían a Axion e calquera outro competidor do mercado.
Por iso, Competencia iniciará un procedemento que ampliará o expediente 646/08 Axion/Abertis no que xa se declaraba a existencia dun abuso de posición de dominio por parte de Abertis.

PUBLICIDADE