Como facer mellores vehículos autónomos con Intelixencia Artificial, ao detalle este venres no CIA de Ourense

mércores, 10 de marzo do 2021 S. P.

O ciclo de charlas Os venres con IA que desenvolve o Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense en colaboración coa UNED-Ourense analizan esta semana as posibilidades das tecnoloxías intelixentes e da ciencia de datos para a identificación e modelado de vehículos autónomos. O relatorio, a cargo do profesor David Moreno Salinas, poderase ver en streaming a través dunha ligazón específica en Youtube.
Segundo informan o Concello e a UNED sobre os porqués deste novo relatorio, se ben os vehículos autónomos están a implantarse en múltiples áreas tanto industriais e de transporte como de lecer, e se ben moitas das operacións que desenvolven baséanse en algoritmos de Intelixencia Artificial, é preciso seguir ampliando horizontes en materia de precisión de modelado e identificación. Nestes retos (contribuír a superar as vellas metodoloxías de traballo) é onde se vai apoiar en boa medida a sesión programada para este venres 12 de marzo.
A seguinte cita dos Venres con IA será o vindeiro 26 de marzo: Intelixencia Artificial e Axenda 2030, a cargo da profesora Ángeles Manjarrés.

PUBLICIDADE