Comezou o #RetoEmprego30DÃas coa influencer Eva Porto
luns, 2 de maio do 2022
Máis
de 11.000 persoas tomaron parte no #RetoEmprego30DÃas promovido
pola Xunta de Galicia (ConsellerÃa de Emprego) en colaboración coa
experta galega en recursos humanos e influencer Eva Porto, co
obxectivo de contribuÃr á súa empregabilidade con desafÃos
diarios de 15 minutos durante un mes. O programa é gratuÃto para as
persoas participantes, comezou este vindeiro 1 de maio, será en liña
e rematará o 30 deste mes.
Entre outras temáticas, o programa incluirá tanto retos sobre
currÃculum vitae, entrevistas de traballo, uso de Linkedin e portais
de emprego; como un servizo de orientación laboral que formará ás
persoas participantes sobre chaves de éxito na busca de emprego ou a
resistencia perante á adversidade.
O desafÃo vén da man da Xunta de Galicia a través da Fundación
Pública Galega de Formación para o traballo e da influencer Eva
Porto, que o pasado xaneiro comezou o programa con máis de 13.000
persoas inscritas que amosaron unha satisfacción case máxima. O
Goberno galego promociona, a través deste modelo orixinal e adaptado
ás novas linguaxes, as chaves para acceder e destacar nun emprego,
nun momento no que as demandas de man de obra se atopan en continua
evolución.