Comezan as votacións para os YouTube Music Awards

martes, 22 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Tras anunciarse a primeiros de mes a primeira edición dos YouTube Music Awards, comeza por fin a súa fase de votacións destes premios musicais que o vindeiro 3 de novembro rematarán nunha gala en New York presentada por JAson Schwartzman e Reggie Watts, que contará coa presenza de artistas como Avicii, M.I.A., Sweatshirt, Tyler the Creator, Walk Off the Earth, Lady Gaga, Eminem e Arcade Fire, aos que sumaranse outros músicos de xeito remoto dende Seul, Moscova, Londres e Río.
Os nomeamentos a estes novos premios repártense en 6 categorías que por fin figuran na páxina web dos mesmos, e que baseáronse nos seus comentarios, visitas, gústame e subscricións dos últimos meses, aínda que os gañadores decidiranse a través dos votos que reciban agora compartindo os vídeos a través de Google+, Twitter e Facebook.
Os candidatos nas distintas categorías quedan como segue:

Vídeo do Ano:
· Barack Obama vs Mitt Romney. Epic Rap Battles Of History
· Demi Lovato - Heart Attack
· Girls’’ Generation - I Got A Boy
· Justin Bieber (feat. Nicki Minaj) - Beauty And A Beat
· Lady Gaga - Applause
· Macklemore & Ryan Lewis (feat. Mary Lambert) - Same Love
· Miley Cyrus - We Can’’t Stop
· One Direction - Best Song Ever
· PSY - Gentleman
· Selena Gomez - Come & Get It

Artista do Ano:
· Eminem
· Epic Rap Battles of History
· Justin Bieber
· Katy Perry
· Macklemore & Ryan Lewis
· Nicki Minaj
· One Direction
· PSY
· Rihanna
· Taylor Swift

Reacción do Ano:
· Boyce Avenue (feat. Fifth Harmony) - Mirrors
· Jayesslee - Gangnam Style
· Lindsey Stirling and Pentatonix - Radioactive
· ThePianoGuys - Titanium / Pavane
· Walk Off the Earth (feat. KRNFX) - I Knew You Were Trouble

Fenómeno do Ano:
· Diamonds
· Gangnam Style
· Harlem Shake
· I Knew You Were Trouble
· Thrift Shop

Revelación do Ano:
· Kendrick Lamar
· Macklemore & Ryan Lewis
· Naughty Boy
· Passenger
· Rudimental

Innovación do Ano:
· Anamanaguchi - ENDLESS FANTASY
· Atoms For Peace - Ingenue
· Bat For Lashes - Lilies
· DeStorm - See Me Standing
· Toro Y Moi "Say That"

PUBLICIDADE