Comeza o proceso de tradución de Twitter ao galego
xoves, 20 de setembro do 2012
Nas distintas iniciativas
que perseguÃan a tradución de Twitter ao galego (xuntando máis
de tres mil sinaturas virtuais) están a celebrar que o Centro de Tradución de
Twitter vén de abrirse a 16 novas linguas: irlandés, tamil, galés, serbio,
búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, bielorruso, bengalÃ,
albanés, eslovaco, canarés e galego. Ao incorporarse estas linguas ao sistema
de Twitter permÃtese que as comunidades de usuarios poidan traducir
voluntariamente as cadeas do texto desta plataforma de xeito colaborativo,
propondo traducións e votando ás traducións doutros usuarios, de xeito que na
vindeira actualización de Twitter poderiamos gozar da súa interface en galego.
Esta só é unha das fases de tradución de Twitter, que paulatinamente irase espallando
máis aló da web, para chegar á versión móbil do servizo, ás aplicacións de
Twitter para Android, iOS, OS X e Windows (TweetDeck) e a outros servizos
asociados, para conseguir asà unha localización á altura doutras linguas como o
español.
O traballo dos tradutores voluntarios está a ser moi intenso, de xeito que no
momento de escribir estas liñas xa case non quedan cadeas de texto pendentes de
traducir, de xeito que é de agardar que en poucas horas a tradución estea
completa ao 100%, tendo que agardarse logo a que dende Twitter decidan activala
para que calquera dos seus usuarios poida configurar a súa conta para gozar
deste servizo na nosa lingua.
- A tradución de Twitter ao galego botou a andar hoxe