Climántica publica na web vídeos coma soporte formativo para a educación ambiental

martes, 13 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Emilio Pedrinaci impartindo un dos seus seminarios

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa levan dende setembro de 2006 promovendo o proxecto de educación ambiental na rede Climántica, que nos últimos días está a completar a súa oferta audiovisual con vídeos nos que se recollen sesións formativas sobre educación ambiental a cargo de expertos na materia, ademais de documentais, recollidos nun apartado chamado Climántica TV.
As últimas incorporacións corresponden a 3 partes do seminario Compromisos para a sostibilidade derivados dos riscos naturais e da sobreexplotación dos recursos, impartido polo doutor en xeoloxía Emilio Pedrinaci dentro do curso de Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a sostibilidade e as TIC.

PUBLICIDADE