PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Clearwire leva o WiMAX móbil a Málaga

luns 11 de xaneiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

O WiMAX móbil (IEEE 802.16e) será unha realidade en Málaga, xa que a Clearwire Corporation vai levar a súa rede sen fíos a tal cidade español, ofrecendo así unha conexión de banda larga móbil a un prezo e nunhas condicións moi atractivas, pois a súa conexión Instanet City ofrece unha velocidade de entre 3 e 6 Mbps (con picos de ata 10 Mbps) sen límite de descargas por 29,90 euros/mes + IVE e, no caso de asumir un compromiso de permanencia por 18 meses acádase unha alta de balde e as 3 primeiras cotas mensuais a 9,90 euros + IVE.
Clearwire tamén conta cunha conexión Instanet Hogar de pouca aceptación, de aí que optasen por lanzar esta nova conexión 4G móbil. A súa contratación poderase canalizar a través de multitude de establecementos comerciais malagueños de Carrefour, Media Markt, El Corte Inglés, Eroski, Urende e The Phone House.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS