Cinfo, adxudicataria do sistema de gravación e retransmisión de eventos deportivos en Ribeira

martes, 10 de maio do 2022 S. P.

O Concello de Ribeira adxudicou a contratación do subministro, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación e retransmisión de eventos que permita unha realización manual ou automática (naqueles acontecementos nos que sexa posíbel) cun sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no Pavillón Municipal da Fieiteira e no Campo de Fútbol anexo da Fieiteira.
A actuación enmárcase na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) 2014-2020. Entronca dentro da Estratexia Dixital 2021-2023, dirixida á transformación dixital do Concello de Ribeira.
A empresa adxudicataria resultou Cinfo, Contenidos Informáticos Personalizados, S.L., conforme a un importe de 17.414,39 euros.
De acordo co prego de prescricións técnicas, os servizos abranguen:
• Subministro, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación,
• Realización e emisión de eventos baseado en hardware de vídeo e audio.
• Emisión e gravación dos eventos que se celebren no recinto (principalmente deportivos).
• Realización e emisión de eventos de forma automática ou con realización manual por parte do licitador ou dun terceiro.
• Sistema de control, xestión e axendado de eventos.
• Formación asociada ao sistema.

PUBLICIDADE