Cincocentas persoas pasaron por Galiciadixital durante a súa estadía na Rúa

martes, 3 de agosto do 2010 Fernando Sarasketa

A exposición interactiva Galiciadixital segue adiante co seu itinerario pola nosa terra, paralelo á mostra fixa que se mantén aberta na súa sede en San Mariño Pinario, Santiago de Compostela. A exhibición estivo os días pasados na Casa da Cultura de A Rúa, na comarca ourensá de Valdeorras, onde se contabilizaron até cincocentas visitas durante unha estadía dunha semana.
Entre os principais reclamos da mostra incluíronse xogos (como por exemplo os Aerodeslizadores por Compostela, que ofrecen aos usuarios un descenso pola zona histórica de Santiago a bordo dun vehículo que voa, ou o a proposta para convertérmonos durante un día en tiraboleiros do botafumeiro da Catedral de Santiago).
Asemade, achegouse na Rúa a posibilidade de visitar virtualmente en en 360º as principais localidades polas que pasa o itinerario xacobeo (As cidades do camiño).

PUBLICIDADE