Chrome estréase en dispositivos con Android 4.0
martes, 7 de febreiro do 2012
O navegador web de Google, Chrome, leva dende 2008
mellorando o xeito de moverse pola web dende o ordenador, e agora levan a
experiencia a dispositivos móbiles estreando
Chrome para Android en Beta, o que permite que os smartphones e tablets con Android 4.0 poidan gozar deste potente e
rápido navegador web. Estamos ante un navegador que presume de velocidade, de
simplicidade e de moitas outras funcións como a sincronización entre
dispositivos, o que permite acceder ás fichas abertas no PC dende o móbil,
obter suxestións máis intelixentes no móbil (o navegador web móbil incluirá nas
súas suxestións de enderezos web os que introducimos dende o ordenador de
escritorio), facilita o enviar páxinas ao terminal móbil con facilidade e tamén
conta con sincronización de marcadores (para poder consultar dende calquera
equipo/dispositivo as nosas páxinas web favoritas).
Á aplicación non lle faltan prestacións como a navegación privada en modo
incógnito, aínda que coma limitación podemos comentar que carece de soporte de
Adobe Flash Player. Xa está dispoñible para
a súa descarga dende o Android Market. Falta por ver agora se os
fabricantes de móbiles deixarán o navegador web que vén normalmente instalado
de serie nos seus dispositivos ou optarán polo novo navegador como opción preferente.

- Chrome para Android está adaptado tanto para móbiles como para tablets
Vídeo de presentación da versión de proba de Chrome para Android 4.0
