Chillmasterflex: imaxes en movemento para o relax

venres, 31 de agosto do 2007 Fernando Sarasketa

As imaxes e os sons para o relax son decote o xeito que teñen de comunicarse e (de paso) de quitarche os cartos do peto que teñen unha boa parte dos listos de mundo. Ou sexa: vaite a unha web de salvapantallas hoxe en día, e sae se podes. Amais diso, terás moitas probabilidades de non atopar nada do teu gusto, porque xa sabe que, aparte dos listos, os horteras do planeta enteiro hai tempo que fixeron deste sector unha especie de feudo. É certo: aínda agora, nestes tempos que corren, se seguen a deseñar posters coa imaxe da parella bicándose con palmeiras e lúa ó fondo. Enleadas aparte, Manolo Gago descubriunos estes días un pequeno espazo para o acougo que nin che estraga o equipo de por vida nin che pon máis dos nervios do que xa estás.
Mesmo é orixinal: inclúe unha película de moi longa duración de tres espazos, un mar, un lago e unha cheminea. Ideal para todos os internautas: tanto para os que volven das vacacións, que son moitos, como para os que seguen sen telas e andan á procura do seu refuxio momentáneo na oficina.

PUBLICIDADE