Chegan as reaccións a WhatsApp

xoves, 5 de maio do 2022 Marcus Fernández

O mes pasado WhatsApp adiantou varias prestacións nas que estaban a traballar para a súa incorporación nos vindeiros meses, e finalmente confirman que na última versión da aplicación móbil incorpóranse varias desas novidades, entre as que é especialmente relevante a estrea das reaccións, de xeito que poderemos seleccionar unha mensaxe e reaccionar a ela mediante unha emoticona, conseguindo así unhas respostas máis rápidas e divertidas, que reducen considerablemente a sobrecarga de mensaxes nos grupos.
Outras novidades son o incremento do tamaño dos ficheiros que poden enviarse a través de WhatsApp (que pasa de 100 MB a 2 GB) e o incremento no número máximo de persoas que poden formar parte dun grupo (que agora poden ter até 512 membros).

PUBLICIDADE