Chega a versión 1.5 da aplicación de Facebook para BlackBerry
mércores, 22 de abril do 2009
Os usuarios de
terminais BlackBerry de RIM que fagan uso de redes sociais poden actualizar a aplicación
de Facebook para o seu móbil, que vén
de estrear a versión 1.5, que finalmente permite integrar a
información dos contactos do terminal cos de Facebook, de xeito que entre
outras cousas podemos ver os contactos do teléfono representados polo gráfico
que os representa no seu perfil de Facebook.
Aparte dos contactos, tamén se sincronizan os calendarios (con información sobre
aniversarios e eventos), aÃnda que sobra dicir que a aplicación para BlackBerry
tamén permite actualizar o estado de Facebook, mandar mensaxes aos contactos e
escribir no seu taboleiro.