SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Chega á USC o boneco que viaxa grazas ás redes sociais: Stabri

venres 10 de febreiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O boneco Stabri, que ten web propia e que grazas ao apoio dos internautas tense confirmado como a figura de trapo máis viaxeira da historia, vén de facer escala na Universidade de Santiago, onde xa visita, en compaña da súa nova portadora, Rosi Maxi (do Programa de Visitas Guiadas da USC), algunhas das principais xoias patrimoniais na capital galega. Cómpre lembrar que Stabri é un boneco real que se despraza polo mundo grazas ao virtual. En certa maneira, constitúe a transformación en viaxes físicos (e en trapo) da lea comunicativa que promoven os servizos 2.0. Stabri estará na USC até as 20 horas de hoxe, intre no que se lle dedicará unha festa no Colexio de Fonseca.
A festa, por certo, será de portas abertas: calquera poderá achegarse por alí e saír nunha fotografía con Stabri, co fin de convertela, á súa vez, nunha postal para facer viaxes pola Rede, co que se enriquecería aínda máis a proposta orixinal. Esta, como recordaremos, ten orixe galega, máis polo miúdo na Coruña, onde os profesionais das redes Ángel Tellez e Mariano Munuera adiantáronse un pouco ao seu tempo no que se refire ás posiblidades de implicación e de internacionalización que achegan as redes sociais. O seu boneco, Stabri, xa percorreu máis de cento viente cidades de 21 países. Para quen queira seguir de preto as andainas do boneco, dicirlle que na súa web faise un completo seguimento das mesmas, e tamén na rede social galega Ipoki.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS