César Alierta abandona a presidencia executiva de Telefónica

martes, 29 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O presidente executivo de Telefónica, César Alierta, anunciou hoxe o cesamento no seu cargo á vez que recomendou para o mesmo a José María Álvarez-Pallete, proposta que estudiarase por parte do Consello de Administración da compañía o vindeiro 8 de abril. Alierta levaba preto de 16 anos no seu cargo, e continuará formando parte do Consello de Administración (no que leva 20 anos), centrándose tamén en temas sociais como a presidencia executiva da Fundación Telefónica.
O proposto sucesor de Alierta, José María Álvarez-Pallete, ocupa dende 2012 o cargo de conselleiro delegado, posto que deixaría de asumir a presidencia executiva o vindeiro 8 de abril. Este licenciado en Ciencias Económicas nacido en 1963 incorporouse a Telefónica como director xeral de Finanzas en Telefónica Internacional cando só tiña 35 anos de idade, e foi prosperando a través de distintos postos de responsabilidade que o levaron ao Consello de Administración en xullo de 2006. A súa traxectoria leva a que Alierta asegure que é o directivo máis preparado para afrontar con éxito os retos que impón a revolución dixital á que ten que face fronte a compañía de telecomunicacións de referencia en España no sector dixital.

PUBLICIDADE