Censuran a emisión pola Rede dunha actuación de Pearl Jam

venres, 10 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Pearl Jam actuando en Lollapalooza

Nos pasados días o grupo musical Pearl Jam deu un concerto en Lollapalooza que se transmitiu a través da Internet por parte de AT&T e os membros da banda sentíronse defraudados ó saber que partes do seu espectáculo non chegarán ó público, como foi o momento no que cantando a súa popular Daughter engadiron un fragmento da canción Another Brick in the Wall de Pink Floyd cambiando parte da letra para falar contra o presidente dos EE.UU.


Versión da canción Daughter sen censurar

Así, ese acto de censura evitaría que os espectadores a través da Internet non puideran escoitar coma se cantaba “George Bush, leave this world alone. George Bush, leave this world alone. George Bush find yourself another home” (George Bush, deixa este mundo en paz. George Bush, deixa este mundo en paz. George Bush busca outro fogar).
Por sorte, en YouTube xa se pode ver a versión íntegra do tema, e Pearl Jam aproveitou o incidente para falar en defensa da neutralidade da Rede, pedindo que non se permita que as grandes compañías coma AT&T poidan controlar o que poden ver os internautas.
A operadora de telecomunicacións deféndense dicindo que o incidente foi culpa dunha empresa contratada para o evento (e non directamente de eles), pero tamén recoñecen que teñen unha política de edición e censura cando os contidos son emitidos sen restricións de idade.

PUBLICIDADE