Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Celébrase o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia

luns 22 de marzo do 2010, por Redacción | | Compartir | |

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presidiu hoxe o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), un órgano de nova creación, que fusiona os dous observatorios existentes ata o de agora (OGSI e OCEG), e que se nace como o instrumento único para desenvolver estudos e análises de datos sobre a situación da sociedade da información en Galicia, a modernización administrativa e administración electrónica. Nesta primeira xuntanza presentouse o plan de actividades 2010 e a nova páxina web. Ademais, déronse a coñecer os últimos datos sobre os indicadores de acceso e o uso das novas tecnoloxías por parte da cidadanía, as empresas, o sector TIC e o panorama actual das telecomunicacións na Comunidade.
A información recollida no informe Estado da Sociedade da Información en Galicia 2009 enmárcase dentro das actividades cualificadas como observacións de carácter xeral nas que traballará o Observatorio e que permitirá coñecer o nivel de desenvolvemento, a tendencia e posibles problemáticas que poden afectar ao desenvolvemento das novas tecnoloxías na sociedade e nas empresas así como na aplicación do modelo de eGoberno nas administracións públicas.

JPEG - 107.8 KB
Mar Pereira presidiu o pleno do OSIMGA

Outra das tarefas do OSIMGA é a de realizar observacións planificadas de carácter temático, é dicir, promover e xestionar a elaboración e difusión de publicacións técnicas, impresas ou electrónicas, específicas e monográficas ou de publicación periódica. Ademais, o OSIMGA facilitará datos a outros organismos e entidades con competencias específicas na materia para o que promoverá a colaboración e cooperación con outros observatorios estatais, autonómicos e europeos para contrastar indicadores, compartir boas prácticas e establecer sinerxías de actuación.
O pleno do Osimga, presidido pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, está integrado por outros membros desde departamento autonómico, representantes das Consellerías de Economía e Industria, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Facenda e do Instituto Galego de Estatística xunto cun titular de competencias no ámbito da Sociedade da Información pertencente á Administración do Estado, un representante das universidades públicas galegas e unha persoa designada pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Ademais, cóntase coa participación de dúas personalidades de recoñecido prestixio en materia da sociedade da información e de modernización administrativa, o divulgador e profesor de Sistemas da Información na IE Bussines School, Enrique Dans e o ex conselleiro de Presidencia da Xunta, Dositeo Rodríguez, respectivamente.


Informe do Estado da Sociedade da Información en Galicia 2009 presentado hoxe polo OSIMGA
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS