Celanova acollerá a proxeccións de filmes galegos en formato dixital

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O proxecto Cinemas Dixitais, promovido pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co IGAEM exhibirá na Casa dos Poetas de Celanova producións audiovisuais en soporte dixital, á maneira do cinema tradicional, de xeito que na sede da Fundación Curros Enríquez se proxectarán 7 filmes feitos en Galicia.
As sesións serán os xoves ás 19:00 horas na sala de proxeccións da casa-museo comezan o vindeiro día 8 e rematan o 27 de decembro. As películas exhibidas serán A Atlántida, Autopsia, Condenado a vivir, Entre bateas, O tesouro (de Ánxel Fole), O partido e Secuestrados en Xeorxia.

PUBLICIDADE