Cambados estreará o seu Centro de Dinamización o sábado

xoves, 5 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro sábado ás 18:30 horas inaugurarase en Cambados un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información sito no Paseo da Calzada. Ao acto acudirán Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, o xerente da Socidade de Desenvolvemento Comarcar, Emilio Marnuel Martínez, e o delegado de Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla.
O novo centro está equipado con 10 ordenadores, 6 cámaras web, 9 lectores de DNI electrónico, dúas impresoras, un escáner e un canon de vídeo. Os ordenadores están conectados por Wi-Fi a unha liña de datos que permite que os usuarios do centro poidan achegarse á Internet. O local tamén servirá para acoller obradoiros de distinta índole tecnolóxica, continuando así coa labor que xa vén realizado a Rede de Dinamización na vila, onde xa celebrara 74 obradoiros no Centro Comarcal do Salnés e que contou coa participación de máis de 1.950 usuarios.

PUBLICIDADE